Onte pola tarde, un grupo de familias da ANPA, traballou duro para pornos a punto o noso horto e axudarnos a comezar cos patios dinámicos. Prepararon o terreo do horto e invernadeiro, colocaron as mallas para que non nos salgan as herbas, fixeron o valado arredor do horto, empezaron a prepararnos o sistema de riego e enterraron os areeiros na zona do parque. Dende o claustro non podemos sentirnos máis agradecidos e orgullosos da nosa ANPA.Cada vez que llo pedimos sempre están dispostos. MOITÍSIMAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!! Agora tocaralle aos nosos pequenos agricultores encher o horto de vida!
Aquí vos deixamos un plano do percorrido que imos realizar no noso defile de Entroido deste ano:
Por orde, as rúas polas que pasaremos son:
- Rúa Toural
- Estrada OU-113
- Estrada de Gondulfes
- Rúa de Arriba
- Rúa A Ribeira
- Pasaxe Igrexa
- Travesía da Igrexa
- Rúa Toural