RUTINAS PARA @S NEN@S DE 4 E 5 ANOS DURANTE A CUARENTENA

Para seguir un pouco o que facemos na aula, recoméndovos unhas RUTINAS:

  • Cada nen@ pode facer de “encargado” (cargo que lles gusta moito), e contarvos como facemos na asamblea:
  • Pasa lista dos compañeiros (somos 14 en total, van dicindo os nomes)
  • Di os días da semana. Aproveitades o nome do día para traballar o número de letras que ten, a letra pola que empeza, pola que acaba, que vos deletreen a palabra, que vos digan palabras que empezan por unha letra determinada...
  • Di o mes no que estamos (neste caso marzo e é o mes número 3 porque xa pasou xaneiro e febreiro). Se tendes un calendario van marcando o día.
  • Poñen a data nun folio, libreta...o que teñades á man.
  • Miran o día que fai e poden facer un debuxo co tempo atmosférico ( sol, chuvia, nublado...)
  • Podedes facer unhas sumas, series numéricas, debuxar un conxunto de elementos e escribir o número ou viceversa....
  • Ler contos sinxelos, facerlles preguntas de comprensión, escribir algunha palabra, frase ou título axeitado as súas posibilidades...
  • Poden facer recortes en revistas ou periódicos que teñades por casa buscando medios de transporte e identificándoos segundo sexan de terra, auga ou aire.
  • Aproveitando que comeza a primavera podedes facer algunha manualidade con eles rellenando e pegando algún debuxo de flores con arroz, lentellas... e/ou pintalo de diferentes formas. (Usando sempre cousas que teñades por casa, nada de comprar)

Estas son unhas recomendacións que vos damos para facilitarvos a estancia na casa cos pequen@s, mantelos ocupados e que vos sexa máis doado de pasar o tempo.

Ánimo e que volte a normalidade o antes posible para todos!!!

Redes Sociais

Share This

Imaxes da galería