Actividades Infantil
Déixovos o vídeo-resumo da etapa infantil (Promoción 2018-2021), na que o grupo formado por Nerea, Ares, Sofía, Alexia, Iria e Alba compartiron moitas experiencias e asentaron as bases da primeira amizade...
NORABOA GRADUADOS!!
Esta mañá os nenos e nenas de 4-5 anos cando baixamos ó recreo atopámonos cunha grata sorpresa: había unha fogata e castañas asadas que puidemos pelar, aínda que nos ensuciamos as mans!!! Estaban moi boas e aproveitamos a levar unhas pouquiñas para casa!!
Este ano tan peculiar e con algún que outro incidente, aínda tivemos un oco para festexar e recordar o noso tan ansiado ENTROIDO. Déixovos unhas imaxes do que puidemos levar a cabo na aula e darvos as grazas, unha vez máis pola vosa colaboración na decoración dos antifaces!
ESTA SEMANA NA AULA DE 4-5 ANOS, ADICÁMOSLLE UN TEMPO A FACER DISTINTAS ACTIVIDADES DE SAMAÍN E COMO LLE CHAMA A PROFE BEA HALLOWEEN....
DÉIXOVOS UNHAS IMAXES DE COUSIÑAS QUE FIXERON :
GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN NA DECORACIÓN DA PANTASMA MONSTRUOSA!!!
Hoxe remata o máis atípico de todos os cursos, por iso non vai ser un curso máis, porque este foi especial para todos nós pero sobre todo para @s pequen@s da clase de 3 anos, porque foi o seu primeiro ano no cole. Aínda que non rematou como tiñamos pensado, compartimos moitos e moi bos momentos, aquí vos deixo un pequeno resumo do voso primeiro ano no cole.
Despedímonos coa pena da distancia pero coa certeza de que voltaremos máis fortes!!
GRAZAS POR TANTO!!
Para rematar a semana, sabemos un pouco de ioga nos vai vir moi ben a todos. Estirade a toalla no chan e practicar!!