FACEMOS PASTA DE SAL

Deixámosvos a receita para facer PASTA DE SAL:

www.kizoa.plcollage 2020 03 31 23 34 05

É moi sinxelo, soamente debedes mesturar os ingredientes e formar a pasta. Podedes opcionalmente utilizar colorantes alimentarios para tinguir a pasta de diferentes cores ou simplemente utilizala ao natural. Esta pasta podemos utilizala a modo de plastilina, para isto temos que ter coidado e gardala de forma hermética sen que lle dea o aire e poderemos volver a reutilizala. Outra opción é  moldear diferentes formas, figuras, colgantes,letras... deixálas secar ao aire un tempo ou ben metelas no forno para que se endurezan e despois pintalas ou decoralas con pintura líquida, purpurina, rotuladores permanentes...Deixámosvos un vídeo por se vos resulta útil

 

Redes Sociais

Share This