Carreira de Orientación

Hoxe, día 9 de xuño, as clases de 3º e 4º, 5º e 6º fixemos unha actividade de orientación no Parque do Terrón de Castrelo do Val. Para comezar, dividímonos as tres clases en 9 equipos e a cada un deles déronlle un mapa do parque coas coordenadas onde atopar as pistas; a uns equipos tocáronlle as pistas de cor laranxa e a outros as de cor vermello. En cada pista había unha sílaba que tiñamos que ir anotando nunha táboa, unha vez que anotamos todas as sílabas tiñamos que formar palabras. Anotamos a hora de saída e a hora de chegada para ver quen remataba máis rápido o xogo. Pasámolo xenial!!!

Aquí tedes unhas fotografías de distintos momentos:   

Orientación 1 2

                           Orientación 3 4

Orientación 7 8

Orientación 5 6

Redes Sociais

Share This