LIBROS INFANTIL

LIBROS 3ANOS

 

LIBROS 4ANOS

 

 correxido

1

Onte foi un día especial, de moitas emocións e de despedidas cheas de moito agarimo. Os nenos de 6º de infantil despedironse de tres anos de emocionantes aventuras, xogos, risas e aprendizaxes que marcarán o resto das súas vidas, o ano que vén estarán xa en primaria! E despedimos tamén aos maiores de 6º de primaria, que en setembro comezarán unha nova etapa no instituto sabendo que aquí deixan bonitos recordos e que as portas do cole estarán sempre abertas. Moita sorte nas novas etapas!!

IMG 20240523 131131

Hoxe, no cole de Castrelo, celebramos a III Carreira das Letras Galegas, onde o importante non foi quen gañou, xa que todos corremos pola nosa lingua e ao final houbo premio para cada un de nós!!

 

iii carreira letras galegas de ELISABETH DE DIOS GONZALEZ

IMG 20240513 WA0022

Este sábado a ANPA  organizou a FESTA DA PRIMAVERA, unha perfecta excusa para xuntar de novo á comunidade educativa do noso cole. Arredor dunhas ricas paellas xuntámonos familias, profes, alumnos e antigos alumnos. MOTÍSIMAS GRAZAS pola iniciativa e polo traballo realizado, foi unha tarde noite xenial!!

IMG 20240513 WA0015

IMG 20240513 WA0016

IMG 20240513 WA0017

IMG 20240513 WA0013

IMG 20240513 WA0018IMG 20240513 WA0021

O vindeiro xoves 9 de maio, a Asociación Española Contra o Cancro celebra o día da colecta anual. Dende o cole de Castrelo colaboramos con eles custodiando un dos seus petos solidarios para que podades facer as vosas aportacións. Agradecemos de antemán a vosa solidaridade!IMAXE PETO AECC

Redes Sociais

Share This

Imaxes da galería