ANPA NOTICIAS

A3333PA 44444 

≈≈≈

* [17/06/2025] Bos días, achégase o fin de curso pero dende a ANPA seguimos promovendo actividades, neste caso será outro contacontos dirixido os nenos e nenas de 4º,5º e 6º de primaria, terá lugar no colexio e en horario lectivo o día 19, e tratará sobre a Igualdade para a Visibilización de Mulleres Referentes. 

"AGATHA Y LAS CAJAS DE LA SABIDURÍA"

≈≈≈

* [11/06/2025] Bos dias, dende a ANPA queremos decirvos que este venres día 13 os nenos de infantil e os de 1º,2º e 3º de primaria terán unha actividade promovida pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia que correrá a cargo de Carmen Penim.

" A FRAGA DE PASACORRENDO "

≈≈≈

* [16/05/2025] Boa tarde, dende a ANPA recordamos que o vindeiro día 24 é a festa da Paella, e o martes, día 20, é o último día para coller as entradas, xa que temos que organizar todo o necesario.

Agardámosvos !!!

Un saúdo.

≈≈≈

* [15/05/2025] Boa tarde, dende a ANPA comunicarvos que, por motivos de saúde, posponse a actividade de Carmen Penín programada para o día de maña venres.

Moitas grazas.

≈≈≈

[09/05/2025] Dende a ANPA comunicarvos que o luns, día 12 ás 16:15 horas haberá reunión no colexio para tratar os seguintes temas:

  • Actividades
  • Axuda para excursións
  • Estado de contas
  • Rogos e preguntas

Moitas grazas, agardámosvos.

 ≈≈≈

 * [24/04/2025]  Dende a ANPA queremos contarvos que como xa é tradición achégase unha data especial, a "FESTA DA PRIMAVERA" ,que terá lugar o sábado día 24 de Maio no pavillón do parque do Terrón, en Castrelo do Val.

As familias interesadas poden mercar as entradas falando con Diego, Cecilia ou Laura. as entradas teñen un custo de 10 € por persoa adulta, para os nenos a entrada será gratuita.

NOTA : Dous (2) adultos por familia.

O menú será pizza, paella e biscoito.

Agardámosvos a tod@s !!!

Redes Sociais

Share This