3 anos

  • Titora de 3 anos: Elisabeth de Dios González
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  • TRABALLO PARA OS NEN@S DE 3 ANOS DURANTE A CORENTENA

Estimadas familias, durante estes días intentarei estar á vosa disposición tanto no email como no teléfono da aula mediante o cal nos iremos comunicando diariamente. A miña intención é prestar toda a axuda posible dende a distancia e propor tarefas para que esta semana pase da mellor forma posible. Moito ánimo!! Todo sairá ben!! 

  • PROPOSTA DE TRABALLO DIARIO: Cada día ireivos propondo o traballo dunha das fichas do caderno de Curtis que tedes na casa. Será unha tarea sixela e adaptada, na que precisarán a vosa axuda a modo de guía. Algunhas destas fichas teñen xogos e actividades na plataforma dixital, nese caso eu indicareivolo na explicación diaria da ficha.

 

  • OPCIÓNS PARA TRABALLAR LIBREMENTE: 
    1. PRACTICAR COAS TESOIRAS: Mandeivos as tesoiras (aos zurdos xa lle mandei as de zurdos) porque estabamos comezando a utilizalas, como están aprendendo, debedes guialos, colocarlle os dedos correctamente, podedes cortar tiras de papel ou cartulina e facerlle marcas para que pola linea marcada vaian cortando anaquiños da tira.
    2. PRACTICAR CO PUNZÓN: Mandeivos o punzón e alfombriña, podedes marcarlle lineas nunha cartulina, circulos, cadrados... e que eles piquen pola liña marcada, esto xa saben facelo solos, é importante que sigan a consign: picar pola liña, picar dentro do circulo...
    3. PRACTICAR O NOME: tedes o xogo coas pinzas ordenar as letras, que vaian decindo o nome de cada letra e colocando por orde da primeira á última e tedes tamén a plantilla para practicar o trazo co rotu borrable.
    4. XOGOS, CONTOS  E CANCIÓNS  NA PLATAFORMA DIXITAL: login.educamos.sm Ademáis de para facer a ficha do día, se queredes tedes a opción de entrar na plataforma para ver os contos, as cancións ou repasar xogos de unidades anteriores na plataforma. A principio de curso mandaravos por WhatsApp as claves para rexistrarvos e unirvos ao grupo. Estes días en principio imos traballar soamente fichas do caderno de Curtis, aínda que na plataforma tedes tamén o caderno de grafomotricidade. Para aqueles que aínda non estades rexistrados, revisade os WhatsApp, tedes todas as instruccións as claves do libro e as claves para unirvos ao grupo. Se tedes algún problema avisádeme.

 

 

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O LUNS 1 DE FEBREIRO

 

FICHA 11 CADERNO DE CURTIS:

 Deixovos o seguinte vídeo para introducir a ficha:

 

A ficha traballa as partes do corpo e as diferencias entre o corpo de nenos e nenas. Para apoiar esta ficha na plataforma dixital tedes a canción: "Así soy yo", xa a escoitaron na clase algunha vez e gústalles moito, para motivalos podedes poñerlla antes de empezar a ficha para que canten e bailen. (Accededes a ela entrando no libro dixital de Curtis e seguindo o seguinte recorrido: marcando a unidade 3 "Un cuerpo con mucho sentido"- recursos interactivos- tu profesor te recomienda- Así soy yo(canción).

O traballo a facer na ficha é recoñecer a cabeza do neno e da nena, nomear as partes da cabeza e despois buscar os troqueles do corpo (cartulinas grapadas a parte. Ficha 11) Mirar os corpos e ver as diferencias entre as partes do corpo da nena e do neno, quitar os troqueles  e pegar cada un onde corresponde. Por último os nenos deben colorear o corpo de neno e as nenas o corpo de nena. Na parte de atrás repasar o nome con rotus de cores na parte punteada e con lápis intentar copiar as letras na cuadrícula de abaixo, a maioría saben facelo sólos, ou precisan axuda solo para algunha letra máis complicada. É importante que empecen no punto de comezo e fagan o trazo na dirección correcta.

 

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O MARTES 2 DE FEBREIRO

FICHA 13 CADERNO DE CURTIS:

Hoxe imos traballar o número 2, para introducir a ficha podedes porlle a canción dos números:

Primeiro imos pornos diante dun espello e mirar a nosa cara, que temos na cara? para que serve cada cousa? e de cales temos dúas cousas e de cales temos un...

Na ficha miramos a cara do neno e rodeamos as partes da cara das que temos dúas cousas: ollos e orellas e razoamos que non rodeamos o nariz nin a boca porque só temos un.

Para facer o trazo do número dous na ficha comezamos polo 2 grande, facemos primeiro co dedo sobre o papel seguindo a frecha na dirección correcta e sen levantar o dedo ata rematar o número. Facemos o mesmo cos números de abaixo. Despois eleximos dúas cores de rotulador, soamente dúas e repasamos a grafía dos números 2 facendo unha serie cos dous rotuladores (exemplo: verde-azul-verde-azul-verde-azul...) nunca podemos ter dous números seguidos da mesma cor. Na parte de atrás da ficha seguimos o mesmo proceso. Para rematar repasan e escriben o nome como na ficha de onte.

Se queredes, para completar, nun folio poden debuxar unha cara con todas as súas partes e para traballar a cantidade poden agrupar obxectos de dous en dous.

 

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O MÉRCORES 3 DE FEBREIRO

Hoxe imos facer unha ficha de  Curtis sobre as partes da cara. Ademáis para introducir a ficha  a teacher Bea mándavos a canción que tanto vos gusta sobre as partes do corpo e a cara para que as practiquedes en inglés e bailedes moito. Grazas teacher!!

FICHA  PÁXINA 17 DO LIBRO DE CURTIS:

Despois de repasar as partes da cara en inglés e en castelán/galego, facemos a ficha. Precisades os troqueles da ficha 17 e os adhesivos da ficha 17 (normalmente ao lado de cada adhesivo/troquel aparece a ficha á que pertence, para asegurarvos, na parte de atrás da ficha aparecen as imaxes das miniaturas de troqueles e adhesivos que ides usar).

A tarea da ficha é moi simple, debedes escoller os troqueles que máis vos gustan (orellas e ollos) e escoller nos adhesivos que máis vos gusten (boca e nariz). Unha vez que tedes a cara completa, podedes porlle o pelo con lá ou con outros materiais que teñades pola casa. Cos troqueles e adhesivos que vos sobren podedes facer outras caras nun folio a parte.

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O XOVES 4 DE FEBREIRO

FICHA 14 CADERNO DE CURTIS:

Para introducir a ficha falamos sobre o inverno e a roupa que pomos en inverno, por se vos serve de axuda deixovos estes vídeos sobre as prendas de vestir de inverno (castelán/inglés)

 Vemos o vídeo das prendas en castelán e imos repetindo os nomes de cada prenda:

Agora en inglés, escoitamos e repetimos cada palabra en inglés:

Esta ficha ten xogos para practicar o trazo no libro dixital da plataforma online de sm (login.educamos.sm), á que accededes coa conta de correo e usuario que creastes, para chegar aos xogos da ficha debedes facer o seguinte recorrido: clicar no libro de Curtis-Unidade 3-recursos interactivos-tu profesor te recomienda- Grafomotricidad(F-14)

Despois de ver os vídeos facemos a ficha. Temos que repasar os trazos con rotus de cores e despois podemos decorar o xersei con gomets, con pintura de dedos facendo manchiñas, pegando anaquiños de papeis que teñamos ou simplemente podemos deixalo sen decorar (depende das ganas e do que vos apetezca facer, deixoo á vosa elección)

Na parte de atrás tamén repasamos o trazo cos rotus de cores e pomo o nome como de costume.

 

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O VENRES 5 DE FEBREIRO

Os venres temos música, como estamos traballando o inverno, a profe Merchy mándanos este musicograma do inverno, de Vivaldi. Grazas profe Merchy!!

 

FICHA 15 DO CADERNO DE CURTIS:

Na ficha de hoxe imos traballar o concepto de antes (que pasa antes de...), para introducir a ficha podedes entrar nos recursos do libro dixital na plataforma on line ( https://login.smaprendizaje.com/ ) . Unha vez que iniciedes a sesión co voso usuario e contrasinal, accederedes aos xogos desta ficha co seguinte recorrido ( clicamos no libro de Curtis- unidade 3 - recursos interactivos - tu profesor te recomienda - ANTES F.15. ). Despois de practicar cos xogos facemos a ficha, miramos as imaxes e que describan o que pasa en cada unha delas. Preguntarlle qué fan eles antes de almorzar. Deben razoar que antes de almorzar a nena levantase da cama e vístese. Unir con rotu as dúas imaxes (nena que está almorzando coa nena que se está levantando). Na parte de atrás repasar e escribir o nome coma de costume.

 

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O LUNS 8 DE FEBREIRO

FICHA  16 DO CADERNO DE CURTIS:

Na ficha de hoxe imos ver os distintos sonidos que podemos facer coas partes do corpo.

Para introducir a ficha podemos ver e xogar a adiviñar os sonidos do seguinte vídeo:

Esta ficha ten recursos interactivos na plataforma dixital, podedes entrar coa vosa conta clicando no seguinte enlace https://login.smaprendizaje.com/, para chegar á ficha de hoxe debedes facer o seguinte recorrido: clicamos no libro de Curtis- unidade 3 - recursos interactivos - tu profesor te recomienda - SONIDOS DEL CUERPO F.16. 

Despois de ver o vídeo e facer os xogos no libro dixital, facemos a ficha. Debemos mirar as imaxes, describir cada unha delas e intentar imitalas para facer os sonidos. Deben diferenciar que o silbido, as palmadas e os saltos son sonidos que producimos co noso propio corpo e o sonido da guitarra sale dun instrumento. Deben pintar o marco dos tres primeiros (silbido,palmadas, saltos). Na parte de atrás da ficha miramos os debuxos e imos interpretando os sonidos que aparecen nos debuxos. Repasamos o nome e escribimos como de costume.

Redes Sociais

Share This