Actividades
* [22/03/2024] Hoxe os nenos do cole de Castrelo asistiron a unha actividade diferente para rematar o trimestre. Dende a ANPA quixemos que pasaran unha maña chea de experimentos e diversión, por eso enviámoslle a Sergio e Carmen cos cales pasaron unha mañá moi divertida! .

* Ca chegada do bo tempo dende a ANPA quixemos celebrar a 1º Festa da Primavera, para tal fin preparamos unha rica paella e sen olvidarnos dos mais cativos os cales tiveron hinchables, xogos e ata discomovil.
Tamén darlle as gracias o Concello de Castrelo do Val por cedernos instalacións municipais para poder facer dita festa.
P.D. Po ano mais e millor...

* Co comenzo do curso escolar 2024/2025 tamén comenzan as actividades extraescolares, pandereta, fútbol sala e baile son algunhas das actividades que os nosos cativos poderán realizar o remate das clases a saída do colexio.
* Aprendemos a xogar en equipo co noso adestrador Braian.

* Como nos gusta o baile e que ben o pasamos ca nosa profe Maria.

* A música tradicional da man do profe Ramón soa doutra maneira, tendo un mestre así como imos tocar a pandereta de ben.

* Chega o outono, o frio, a caída da folla e o tan ansiado magosto, e como non podía ser doutra maneira a ANPA tiña que celebralo, cuns hinchables e uns chouriciños moi ricos. Que ben o pasamos.

* Este Nadal a ANPA en colaboración co Concello de Castrelo do Val puxo en funcionamento a Ludoteca de Nadal para axudar as familias a conciliar.Na ludoteca realizaron diversas actividades e deuselles unha merenda de media maña para repor forzas e así poder continuar xogando, debuxando, pintando, en fin moitos cousas fixeron neste nadal os nosos pequenos.

* Chega a primavera, e con ela empezamos a preparar o horto do colexio, tamén enterramos dous areneros para que fosen máis seguros e demoslle vida o patio plantando dúas árbores. Un traballiño que mereceu a pena.

* [14/03/2025] O día 14 de Marzo tivemos un contacontos sobre a Igualdade no colexio para os nenos de infantil, 1º e 2º de primaria. Estiveron moi atentos, e para rematar pintaron un debuxo fermoso.

* [24/05/2025] Como xa ven sendo unha tradición, onte disfrutamos dunha riquísima paella para celebrar a chegada do bo tempo, ademais dunha cea en moi boa compañía os mais pequenos disfrutaron de colchonetas, pintacaras, música , manualidades, karaoke (menud@s artistas temos no cole).
Dende a ANPA sólo podemos darlle un ano mais as gracias os nosos cociñeiros particulares , Enrique e Pilar.
Por suposto moitas gracias tamén a todos aqueles que se acercaron a disfrutar dunha tarde fantástica nun ambiente familiar.
GRACIÑAS, e vémonos na próxima.
MODO PREPARACIÓN

O LÍO.....

....ÑAM, ÑAM, QUE RICO

Onte, familias, alumnos, profes e antigos alumnos, reunímonos no pavillón do Terrón para festexar o Magosto organizado pola ANPA. Foi unha tarde-noite moi entretida e moi ben organizada. Moitísimas grazas á ANPA do cole polo esforzo e traballo, mereceu a pena!! Estas iniciativas son moi enriquecedoras para toda a comunidade educativa. Agardamos pola seguinte!!







Dende a Anpa creamos esta nova canle para manter as nais e pais dos alumnos do centro informados das actividades que se leven a cabo no colexio.
A misión da Anpa é colaborar no bo funcionamento do centro educativo, aportando ideas e suxerencias. Por elo é importante que as familias se impliquen nas distintas actividades ou propostas que promovemos.






