IMG 20230914 WA0014

Hoxe os nenos de 5º e 6º de infantil xunto cos de 1º e 2º de primaria fixemos a primeira saída deste curso! Visitamos o Festival Internacional de Curtas (FIC) no auditorio de Verín, onde desfrutamos da fantástica Raquel Queizás e puidemos ver algunhas curtas. Pasámolo xenial!!

FIC 2023 - Kizoa Movie Maker

nbsp;

 

IMG 20230615 175328

Onte os nenos de 6º de primaria despediron este curso especial cunha viaxe express a Madrid, onde disfrutaron do parque de atraccións  e compartiron momentos que non esquecerán nunca. Sodes xeniais chicos!! Ímosvos botar moito de menos

O 21 de marzo é o día mundial da Síndrome de Down. No cole de Castrelo aprendemos máis sobre esta diversidade funcional.

 

IMG 20230217 121037

No cole de Castrelo somos moi entroideiros, despois do desfile do xoves en Verín, o venres repetimos polas rúas de Castrelo xunto coa casa niño de Pepín e acompañados coa música de Candaira.  Despois do desfile, os nenos do cole de Castrelo e os pequechos da Casa Niño  comemos e xogamos no parque do Terrón, foi unha xornada divertida e seguro que repetiremos máis actividades xuntos. Moitísimas grazas ao Concello de Castrelo, a Ramón e ás mulleres de Candaira por acompañarnos.

 

IMG 20230216 134249

Despois de semanas de moito traballo, hoxe chegou o gran día!! e desfrutámolo moito!! Así de guapos desfilamos por Verín!!


desfile entroido verin 2023 - Kizoa Movie Maker

 E mañá repetimos por Castrelo! VIVA O ENTROIDO!!

Mañá, arredor das 12:00 comezaremos o desfile infantil de Entroido en Castrelo do Val. Comezaremos no colexio e remataremos no parque do Terrón. Aquí vos deixamos un plano co percorrido:

percorridoEntroido

Onte os alumnos/as de segundo a sexto de primaria participaron no campionato comarcal de campo a través en Tintores xunto cos demáis colexios da comarca. Foi unha xornada de convivencia e deporte na que ademáis de pasalo xenial tivemos premio!!!

Irea de 3º de primaria e Nerea de 2º de primaria quedaron segunda e terceira respectivamente, conseguindo medallas!! Parabéns campionas!!

IMG 20230202 WA0007

As chicas de segundo e terceiro de primaria conseguiron facerse coa victoria, quedando capionas por equipos na categoría Benxamín Feminino. Parabéns rapazas!!

IMG 20230203 WA0068

Ademáis Hugo e Ainara de 5º de primaria quedaron de 4º e 8º respectivamente na categoría Alevín.

hugo

IMG 20230203 WA0031

O vindeiro sábado 11 de febreiro todos representarán ao noso cole na Rúa, no campionato provincial. Sorte e desfrutade moito campións!!

Dende o cole de Castrelo apoiamos os actos organizados pola AECC para celebrar o Día Mundial contra o cancro. TODOS CONTRA O CANCRO!!

IMG 20230130 WA0003

IMG 20230130 165727

Hoxe conmemoramos o Día da Paz con actividades conxuntas nas que participaron todos os alumnos/as do cole. Coordinadas polos Equipos de Actividades Complementarias e Extraescolaes, Dinamización da Lingua Galega, Inglés e Música.

A semana pasada comezamos a facer un mural baixo o lema "Un mundo de cores", no que cada alumno/a estampou a súa man coa súa cor favorita e escribiu unha palabra relacionada co día da paz en galego,castelán e inglés. Tamén durante toda a semana pasada os alumnos/as aprenderon nas clases de música a canción: " A peor xogada"

Con todo o traballo feito, porque ademáis temos claro que a Paz é algo que debemos practicar cada día, esta tarde reunímonos para colgar o noso mural e cantar xuntos a canción.

IMG 20230130 WA0008

IMG 20230125 WA0011

Para pechar a súa experiencia en Manzaneda, hoxe tocou recoller os diplomas, antes de subirse ao bus de volta a casa. Estamos seguros de que desfrutastes da experiencia a tope!!


MANZANEDA 2023 RECOLLIDA DIPLOMAS - Kizoa Movie Maker

Onte non tiveron sesión disco, polo que hoxe estaban desexando bailar, cantar e pasalo xenial. Así despediron a súa última noite!!


manzaneda bailando na disco - Kizoa Movie Maker

/>

Redes Sociais

Share This