Esta semana os alumnos de 3º, 4º e 5º de primaria, asistiron a un pequeno cursiño de primeiros auxilios, impartido polo Sergas no noso centro. Aprendemos como actuar ante eses pequenos accidentes que sufrimos a diario. Moitas grazas aos enfermeiros Raquel, Alberto e Quique pola vosa paciencia e dedicación. Foi unha sesión moi productiva!






