Primaria
Esta semana os alumnos de 3º, 4º e 5º de primaria, asistiron a un pequeno cursiño de primeiros auxilios, impartido polo Sergas no noso centro. Aprendemos como actuar ante eses pequenos accidentes que sufrimos a diario. Moitas grazas aos enfermeiros Raquel, Alberto e Quique pola vosa paciencia e dedicación. Foi unha sesión moi productiva!
Os nenos e nenas de primeiro de primaria aprenderon moitas cousas sobre os animais facendo esta manualidade tan chula.
1º MANUALIDADE ANIMAIS - Kizoa Movie Maker
No mes de marzo cumpriu anos a nosa compañeira Alba, moitos parabéns!
1º CUMPLES MARZO - Kizoa Movie Maker
1º PRIMARIA PASCUA - Kizoa Movie Maker
No pasado mes de febreiro cumpriron os 7 anos Alexia, Pamella e Sofía, moitos parabéns para as tres!
1º CUMPLES FEBREIRO - Kizoa Movie Maker
No cole de Castrelo non podíamos deixar outro ano máis aos nenos sen desfile, porque eles meréceno todo e máis, porque levan cumprindo as normas mellor ca ninguén durante todo este tempo, porque aguantan todo sen queixarse e sempre cun sorriso, porque somos moi entroideros, porque sabemos desfrutar con sentidiño!! VIVA O ENTROIDO DE CASTRELO!!
Os nenos e nenas de primeiro de primaria fixeron varios traballos relacionados co día da PAZ, manualidades, visionado de contos e tamén un debuxo sobre a activista MALALA YOUSAFZAI coa frase: "un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo"
Os nenos e nenas de primeiro de primaria fixeron estas criaturas silenciosas tan chulas, con elas divírtense e aprenden a traballar en silencio. Que vos parecen?
1º Criaturas Silenciosas - Kizoa Movie Maker
Moitas felicidades para o benxamín da clase de primeiro!
Hoxe os nenos e nenas de primeiro de primaria recitaron este poema en galego para seguir practicando a súa lectura.
Esperamos que vos guste.
1º O PARAUGAS DO PIRATA - Kizoa Movie Maker
O venres 5 de novembro celebramos no cole a festa do MAGOSTO aproveitando o bo tempo. Neste vídeo podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas de primeiro de primaria.
MAGOSTO 1º PRIMARIA - Kizoa Movie Maker