DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A pesar de que hoxe é o día das LETRAS GALEGAS, o pasado xoves celebramos este día por adiantado. 

O longo da pasada semana fixemos diversas actividades relacionadas con dita celebración: aprendemos moitas cousas sobre a vida de XELA ARIAS, fixemos un mural sobre a mesma, unha chapa co seu rostro, lemos fragmentos da súa obra...

Pero sen dúbida o que máis nos gustou dese día, foi a actuación de Adrián que xa nos recibiu pola mañá tocando preciosas cancións galegas e continuou pola tarde, esta vez no patio tocando por separado a cada curso, para manter as medidas de distancia e seguridade.

Agradecímoslle esa iniciativa regalándolle un libro de Xela Arias. 

Desexamos que o disfrute tanto coma nós da súa actuación.

MOITAS GRACIAS ADRIÁN!!!

 

 

 

LETRAS GALEGAS

Redes Sociais

Share This